logoalejo
O pianista Alejo Amoedo é un músico comprometido coa música e os músicos de Galicia, nunha tripla vertente: como intérprete, estreando, gravando e promovendo composicións; como coleccionista, pois posúe unha ampla representación de partituras, libros, fotos editadas e orixinais; e como estudoso das obras e autores que teñen como referencia a Galicia.


alejo-amoedo-pianista2.jpg

Por outra banda, a faceta de pianista acompañante, levoulle a realizar correpeticións de ópera, zarzuela; pianista en cursos e concursos así como repertorista de instrumentos e voz en distintas institucións musicais, tanto en España como no estranxeiro.