Bio

Descarga Currículo Alejo Amoedo en formato doc


Nacido en Redondela no 1966, realiza os seus estudos nos conservatorios de Pontevedra e Vigo, finalizando con altas cualificacións as carreiras de piano e música de cámara, baixo as directrices de Jesús F. Yepes e Josefa Estarque; posteriormente en Madrid, especialízase no acompañamento vocal con Miguel Zanetti.
Realizou o Máster en Artes Escénicas pola Universidade Vigo (2013), baixo a dirección do doutor Javier Jurado e cuxo traballo de fin de máster versou sobre a obra para piano só de Reveriano Soutullo, sendo cualificado coa máxima nota. Hoxe en día e asesor da Fundación Reveriano Soutullo Otero e forma parte do I+D: Fondos documentales de música en los archivos civiles de Galicia (1875-1951): Ciudades del Eje Atlántico (REF: HAR2015-64024- R).

Como dúo de pianos, xunto o pianista Carlos Pérez, obtivo os seguintes galardóns: “Primeira Medalla” no Concours Musical de France, celebrado en Gerona, e posteriormente o segundo premio na final celebrada en París (1996); “Diploma de Honor” no Torneo Internacionale di Musica, celebrado en Zaragoza (1996). Ademais foi galardoado co “Premio Círculo 2004” na modalidade de música, concedido polo Círculo Recreativo e Cultural de Porriño.

Foi profesor titular do Conservatorio de Música do Porriño e pianista acompañante nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo, así como na Escola Superior de Música e dás Artes do Espectáculo de Porto (Portugal) e na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Na actualidade, exerce como pianista acompañante e repertorista no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Como pianista, destaca a súa participación en multitude de cursos de especialización e concursos en diferentes países, acompañando a Helena Lazarska, Pedro Lavirgen, Walter Boeykens, Jens Bjørn-Larsen, Eric Hoeprich, Hakan Hardenberger, Scott Hartman, Alan Baer, Allen Vizzuti, Erik Terwilliger, Steven Mead, Fernando Balboa, Javier Castaño, Fernando Raña, José Rodríguez, Javier Simó, Jon Etterbeek, Petur Eiriksson, Jordi Ortega, Roberto Bodí, José M. Redondo, Adolfo Caride ou Venancio Rius, entre outros.

Ten correpetido numerosas óperas, zarzuelas, oratorios, etc., con directores da talla de Helmuth Rilling, Victor Pablo Pérez, J. Carlos Dorgambide, Mariano Vázquez Tur, Maximino Zumalave, Max Pommer, Miguel Ortega, Arvo Volmer, Margarita Guerra, F. Rei Rivero, Antonio Paz Valverde, Francisco Gago, Juan Lois Diéguez, Ferreira Lobos, Manuel Teixeira, Roberto Foré, Alfredo Oliveira, Fernando V. Arias, Javier Viceiro, José Luís Vázquez, Julio Domínguez, Libor Pesek, Joan Company, Joan Trillo, Francisco Pérez, Manuel Martínez, José Iglesias Ramilo, Manuel Teixeira e José Antonio Irastorga.

Entre algúns dos músicos que acompañou cabe destacar a: Walter Boeykens (clarinete), Asterio Leiva (clarinete), Javier Vidal (clarinete), Francisco Pérez (clarinete), Vicente Alberola (clarinete), Esteban Valverde (clarinete), Luís Miguel Méndez (clarinete), Santiago Comesaña (clarinete), Rosa María Campos (clarinete), Carlos Méndez (contrabaixo), Ramilo Tejero (tuba), Jens Bjørn-Larsen (tuba), Alan Baer (tuba), Carlos Díaz (tuba), Sergio Finca (tuba), Oscar Abellá (tuba), David F. Alonso (trompa), Daniel Otero (trompa), Pablo Lago (trompa), Rubén Simeó (trompeta), Esteban Batallán (trompeta), Luis González Amosa (trompeta), Moisés Álvarez (trompeta), José Forte (trompeta), Ricardo Pazo (oboe), Raquel Alves (oboe), Diego Mariño (gaita), César Concheiro (flauta), Simeón Gadulf (trombón), Unai Urrecho (trombón), Eduardo Díz (bombardino), Matt Tropman (bombardino), Steven Mead (bombardino), Iñaqui Fernández (bombardino), Luís Soto (frautín), Laurent Blaiteau (frauta), Leonardo Novoa (violín), Fernando Arenas (chelo), Xullo Fernández (tenor), Beatriz Riobó (soprano), Begoña Salgueiro (soprano), Carolina Pérez (soprano), Lola Bosson (soprano), Mabel Peresltain (mezzo), Nuria Lorenzo (mezzo), Andrea Búa (soprano), Virginia Blanco (soprano), Eduvigis Sánchez (soprano), Carmen Subrido (soprano), Marta de Castro (soprano), Mª Dolores Crespo (soprano), Cesáreo Torres (tenor), Pedro Chaves (tenor), José Antonio Campo (tenor), Valeriano Ganguebeli (tenor), Marina Penas (soprano), María Uríz (soprano), Teresa Novoa (soprano), Susana de Lorenzo (soprano) e un longo etc.
Estreou obras de Rogelio Groba, Carlos López García-Picos, Francisco Rey Rivero, Juan Durán, Luís Carro, Juan Eiras, Alfredo Oliveira, Antonio Paz Valverde, Paulino Pereiro, José Pérez, Eligio Vila, Margarita Viso, Miguel Brotóns, Manuel Alejandre Prada, Gabriel Bussi, Xabier Comesanha, Octavio Vázquez, María Mendoza, ou Juan Pérez Berná.

Dos seus traballos discográficos destacan o triplo CD “Antoloxía de Compositores Galegos” (Ouvirmos, 2013), xunto ao clarinetista Asterio Leiva; os realizados xunto ao trompetista Rubén Simeó, “Ensueño” (2004), “Virtuosimo Barroco” (2011), “Fantasy Trumpet” (2012) e “Trumpet Comtemporary” (2013), producidos en Portugal por Jose Lourenço; “Café 1930” (Mans, 2007), xunto so bombardinista, Ignacio Fernández; “E Logo?” (Mans, 2008) co trompetista Marcos Fernández; “Adagio cantábile” (Mans, 2009) ao carón do trompista Pablo Lago; “Mélodies” (Mans, 2012), xunto á mezzosoprano Iria Cuevas; “Retallos” (Mans, 2013), co trompetista Moisés Álvarez; “Cantos que veñen de lonxe” (Eme, 2014), poemas de Xosé Neira Vilas, musicados por Xervasio Vázquez, coa voz de Cesáreo Torres; e por último, “Evocación” (Dos Acordes, 2016), coa obra para piano só de Reveriano Soutullo.

Anuncios